O Concello da Pobra conclúe a terceira fase do proxecto de reforma do Camiño Real, no Conchido

14 Abril 2026

O Concello da Pobra do Caramiñal concluíu recentemente a terceira fase do proxecto de mellora do Camiño Real, no Conchido. O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Obras, Patricia Lojo, visitaron na mañá deste 14 de abril o lugar para supervisar o resultado dos traballos.

Informaron que a obra acabada de rematar foi unha intervención moi importante “para a mellora dos servizos básicos que, ademais, dá solución a unha problemática ambiental que afectaba á contorna dende hai anos”, asegurou o rexedor. Pola súa parte, a edil destacou que con estes traballos “garántese un sistema máis eficiente e respectuoso co medio ambiente, mellorando tamén a calidade de vida dos veciños e veciñas do lugar”.

As obras consistiron na implantación dunha rede separativa de recollida de augas pluviais e saneamento cos seus respectivos pozos de rexistro e sumidoiros, substituíndo o antigo sistema que canalizaba conxuntamente ambas as dúas redes.

No seu momento, debido ao desnivel da estrada, optouse por conectar a canalización ao pozo de bombeo do concello de Boiro, pero o elevado volume de recollida colapsaba esta estrutura e impedía o seu correcto funcionamento. Ademais, a canalización de saneamento presentaba puntos de perforación, o que podía provocar verteduras directas ao mar nos momentos de maior caudal.

Coa rede separativa, as augas pluviais dirixiranse ata o leito que discorre entre A Pobra e Boiro. No que respecta á de saneamento, disponse de diversos bombeos que permiten a recollida e a condución da totalidade dos vertidos cara a EDAR da Pobra.

O proxecto incluíu tamén a renovación dos condutos de abastecemento de auga, substituíndo as antigas tubaxes de fibrocemento por outras de materiais máis seguros, así como a reposición integral do firme con aglomerado asfáltico.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...