“Bo vento e axuda no mar dende o picouto de Santo Alberte” – Antón Luaces

13 Abril 2026

Ribeira celebra este primeiro luns após a Pascua, a tradicional romaría de Santo Alberte na que se mesturan o relixioso e o festivo desde a propia capital municipal (Santa Uxía) ata a antiga capela ergueita baixo a advocación do santo. Sempre foi unha xornada medio festiva que, neste ano, ten fixado para as 16,00 horas o comezo da peregrinaxe desde a igrexa capitalina ata a capela na que, ás seis da tarde, vai oficiarse a misa solemne seguida da procesión.

Estes actos relixiosos son sempre seguidos con moita devoción, ao igual que a posterior poxa de galos, galiñas e ovos, con recadación económica a prol da igrexa. Tampouco este ano vai faltar a música (nos meus tempos mozos sempre a cargo da banda dirixida polo mestre Severo e que na tarde-noite interpretaba pezas bailables na praza Otero Goyanes, diante da igrexa ribeirense). 

Gardo con agarimo unha vella fotografía en branco e negro na que, traxeados, aparecemos Dieste (mecánico do taller de Canucho), Nino (o mellor especialista da comarca en motocicletas de gran cilindrada), Pepe Castelao (patrón de pesca) e máis eu, utilizando os catro coma plataforma para o “posado” a rocha situada preto da entrada á capela. 

A de Santo Alberte segue a ser unha romaría de grande predicamento en Ribeira na que se bendicen ramos e terra ao mesmo tempo que se pide a intercesión do santo na salvargarda dos mariñeiros. Con este motivo lévase a cabo o acto do cambio de tella protagonizado por mulleres de mariñeiros que, segundo a tradición, subían ao tellado da ermida dende a rocha antedita para virar a tella e, deste xeito, controlar os ventos para favorecer aos mariñeiros. As mulleres solteiras tamén subían ao mesmo tellado co afán de atopar un marido antes da seguinte romaría. Para elo procedían a virar a tella. Esta tradición coñecina de primeira man, modificado o acto no senso de que, no canto de virar a tella, guindábase un cacho de tella que, para se cumprir a tradición de acadar un home ou unha muller (aquí era necesaria a intervención dun home, evidentemente), ese cacho de tella debía quedar no muro da cabeceira da capela.

A ermida foi construída no remate do século XII. Consta dunha única nave con cuberta de madeira rematada ao leste por un ábside rectangular. No século VIII modificouse notablemente. Desde o curuto do monte de Santo Alberte hai unha fermosísima vista da ría de Arousa e o val de Castiñeiras-Aguiño-Carreira. A visita é recomendada. En maior medida se o tempo axuda.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.