Chuvascos e descenso térmico nas Rías Baixas nunha xornada inestable tamén en Santiago

11 Abril 2026

Galicia afronta esta xornada baixo a influencia dunha circulación de noroeste que arrastra unha masa de aire frío sobre a comunidade, provocando unha situación de inestabilidade atmosférica.

Ao longo do día agárdanse chuvascos, que serán máis probables e intensos na metade oeste do territorio, onde as precipitacións poderán ser máis persistentes en determinados momentos.

A cota de neve situarase arredor dos 1.100-1.200 metros, polo que non se descartan nevadas en zonas de montaña. No que respecta ás temperaturas, experimentarán un lixeiro descenso, mantendo valores baixos para a época do ano.

En canto ao vento, soprará do noroeste con intensidade moderada en xeral, contribuíndo a reforzar a sensación de frío durante a xornada.

meteogalicia

O noso mar; vento do noroeste á mañá e á tarde e do sudoeste á noite, forza 2 a 3 á mañá e 2 a 4 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4 a 5 metros á mañá, 3.5 a 4.5 metros á tarde e 3 a 4 metros á noite.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...