Este domingo celébrase o 2ª Duatlón Escolar Concello de Outes

10 Abril 2026

Este domingo 12 de abril pola mañá celebrarase a segunda edición do duatlón (carreira e bicicleta) escolar do Concello de Outes.

Con motivo do desenvolvemento da proba, as zonas da Piscina Municipal e praza do Bosque estarán pechadas ao tráfico dende as 9:00 ata as 14:00 horas.

No mapa incluído máis abaixo pódense consultar as rúas afectadas.

Organizan a Escola de Piragüismo e Triatlón de Outes e a Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno. Colabra a Secretaría Xeral para o Deporte, o Concello de Outes e Protección Civil de Outes.

Trátase dunha proba non competitiva. Poderán participar deportistas con 6 anos cumpridos, nados en 2019 e 2020, categoría prebenxamín (feminina, masculina) con licenza federativa en vigor na tempada 2026 ou que tramiten a licencia temporal de 1 día na FEGATRI .

Entregarase un agasallo a cada participante.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.