O Consorcio de Santiago e Teófilo Edicións, presentan unha obra que recupera parte da memoria industrial de Santiago de Compostela

10 Abril 2026

O Consorcio de Santiago e a editorial Teófilo Edicións presentaron este xoves 9 de abril na Casa das Asociacións de Cornes a obra “Historia Industrial Vidán–Laraño”, un traballo que recupera e pon en valor parte da memoria industrial de Santiago de Compostela.

O libro, elaborado polo arquitecto Diego Campos-Juanatey e integrado na Biblioteca de Divulgación do Consorcio, ofrece un percorrido pola evolución dun dos enclaves produtivos máis relevantes da contorna compostelá, destacando a súa importancia histórica, social e arquitectónica.

No acto de presentación, o autor estivo acompañado pola alcaldesa e presidenta do Consorcio, Goretti Sanmartín Rei; o xerente da entidade, José Antonio Domínguez Varela; o director de Teófilo Edicións, José Luis Teófilo Piñeiro; e o responsable de publicacións do Consorcio, Juan Conde Roa.

A publicación toma como punto de partida o complexo industrial impulsado en 1792 polo comerciante compostelán Jacobo Pérez Villamarín, que incluía unha fábrica de curtidos de peles, unha fábrica de papel e varios muíños fariñeiros. A partir desta base, o estudo reconstrúe a evolución histórica do ámbito de Vidán–Laraño mediante unha análise rigorosa dos seus principais elementos arquitectónicos.

A obra combina unha visión global do conxunto cunha aproximación detallada aos distintos edificios, contribuíndo a destacar o valor da arquitectura industrial e a súa relevancia na configuración urbana e social da cidade.

Durante a presentación, Goretti Sanmartín Rei salientou a importancia desta publicación para ampliar a visión tradicional da historia compostelá, máis alá do seu coñecido patrimonio monumental. A rexedora subliñou a necesidade de “botar luz sobre barrios e parroquias que teñen moito que contar”, poñendo en valor o traballo de investigación que permite recuperar unha memoria en moitos casos esquecida.

Ademais, destacou que o libro permite comprender a evolución do ámbito de Vidán–Laraño desde finais do século XVIII ata a actualidade, reflectindo a transformación dun espazo que acolleu ao longo do tempo unha cooperativa residencial, unha industria punteira, un centro sociocultural, unha zona de lecer e mesmo un hotel singular.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...