“Ser de alguén” – Xulio Xiz

07 Abril 2026

A pregunta “de quen ves sendo?” é habitual no noso rural e aínda nos pobos, por estimar que nos axudará a identificar ao interlocutor. Que non é privativo desta fin do mundo, pois a pregunta formulárona musicalmente alto e claro – “Y tú, de quién eres? – os andaluces “No me pises que llevo chanclas” a finais dos anos oitenta. Porque ademais de nós, somos froito das nosas circunstancias, e pasamos de ser fillos a consortes; logo a pais, e de pais a avós, de maneira que se evidencia un vencello, case propiedade, que nos identifica con claridade meridiana.

Pasei uns días fóra de Lugo, orfo de novas,alimentándome só das redes, percibindo da nosa cidade só dúas noticias luctuosas: Os pasamentos de Josefa Besteiro e María Luisa Posada, polo que aproveito para, dende La Voz, enviar as miñas agarimosas condolencias ás súas familias.

De Josefa, menciónase ser nai de José Ramón Gómez Besteiro, político relevante, que ao citarse en orde ascendente respecta unha cronoloxía que parece elemental. Pero de María Luisa o que primeiro se menciona -a actualidade manda- é o de ser nai das irmáns Pardo de Vera, política e xornalista, quedando en segundo lugar os outros tres fillos, e o viúvo, Xerardo Pardo de Vera, avogado, cronista parlamentario en La Voz, e ex-alcalde de Becerreá en clara vitoria no que se consideraba feudo dos Rosón. E quero lembrar da falecida o seu carácter de profesora e as súas vibrantes intervencións nos debates da antiga TVL.

Os pais perdemos protagonismo na medida en que as novas xeracións se incorporan. En definitiva, está ben, porque o sol que brilla para todos vai iluminando máis forte por onde pasa.

Outros artigos

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.