Martes inestable en Galicia con choivas xeneralizadas e baixada das temperaturas

06 Abril 2026

A xornada do martes 7, estará marcada pola influencia das baixas presións situadas ao oeste de Galicia, que introducirán liñas de inestabilidade ao longo do día.

Con esta situación, agárdanse ceos nubrados e chuvascos xeneralizados, que poderán vir acompañados de aparato eléctrico de forma puntual. Estas precipitacións serán menos probables na metade norte da comunidade.

No apartado térmico, as temperaturas experimentarán un descenso notable, deixando valores máis acordes coa época.(máximas 16 a 17 graos)

En canto ao vento, soprará do sur-suroeste con intensidade moderada en xeral, chegando a ser forte no litoral atlántico.

meteogalicia

O noso mar: vento do sudoeste á mañá e do sueste á tarde e á noite, forza 4 a 5 á mañá e 4 a 6 á tarde e á noite. Forte marusía. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 4 a 4.5 metros á mañá e á noite e 4.5 a 5 metros á tarde.

Outros artigos

“Alfredo Sánchez Carro”. Xulio Xiz

Que dificil, Alfredo, ter as palabras xustas para despedirte.Pero como o teu eran as palabras e obras, e se as obras son amores, ás obras me vou a referir, para que os lucenses as recorden; para que os lucenses te recorden. El Progreso Lembras, Alfredo, - lembrabas, e...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

“Eu son unha persoa seria, non coma outros” – Antón Luaces

A frase é do expresidente do Goberno socialista Felipe González Márquez. Rotundo, seguro, sabedor do que foi e do que é?. Pode que si.  Díxoo despois de que o expresidente do Congreso, José Bono, explicara nun mitin que non fixera o parvo, que a el o PSOE débelle...