Medio Rural investiu máis de 224.000 euros na mellora de camiños en Boiro desde 2020

06 Abril 2026

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo un encontro co alcalde de Boiro, José Ramón Romero, para avanzar na colaboración institucional en materia de desenvolvemento rural e apoio ao sector agrogandeiro do municipio.

Durante a reunión, celebrada na sede da Xunta de Galicia en San Caetano, abordáronse cuestións como a mellora e acondicionamento dos camiños municipais.

Neste ámbito, a Xunta destinou a Boiro un total de 224.115 euros desde o ano 2020, un investimento que permitiu actuar en nove vías de titularidade municipal. Só no período 2025-2026, o concello recibiu unha axuda de 55.575 euros para este mesmo fin.

Ademais, no encontro tamén se tratou o avance do proceso de reestruturación parcelaria de Cures, actualmente en fase de acordo firme. Esta actuación beneficiará arredor de 1.380 propietarios e abarcará unha superficie superior ás 640 hectáreas.

A reunión enmárcase na estratexia da Xunta para impulsar a modernización do rural galego e mellorar as infraestruturas básicas que favorecen a actividade agraria e a calidade de vida no territorio.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.