A Mostra de Teatro Amador de Outes prosegue o vindeiro sábado con “A noiva Cadáver”, do IES de Brión

23 Marzo 2026

Outes vai acoller estes meses de marzo e abril a segunda edición da Mostra Nicolasa Añón de Teatro Amador, organizada pola asociación Terra de Outes en colaboración co Concello de Outes.

Inclúense seis funcións, a representar na Casa da Cultura de Outes todas as fins de semana.

Os espectáculos (todos eles para todos os públicos) arrincaron o domingo 15 de marzo con E parecía parvo da Asociación Charamela de Melide e proseguiron o 21 de marzo con Mamá!, de Farándula Velutina de Corcubión.

Proseguirán o sábado 28 de marzo con A noiva cadáver do IES de Brión, a partir das 20.00 horas na Casa da Cultura de Outes.

O sábado 4 de abril o público de Outes ten unha cita coa Asociación O Xeito de Esteiro (Muros), que leva á escena Caralavada e Chorisón (Contos de Pepe), ás 18.00 horas.

O domingo 12 será a quenda de Conxoconarte (Conxo, Santiago), que representará Alto no Camiño, ás 19.00 horas.

O ciclo rematará o sábado 18 de abril ás 20.00 horas con A praia do demo, a cargo de Pipións Teatro (ACC Terra de Outes).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.