Máis de cincuenta mulleres participaron en Rianxo no seminario de defensa persoal feminina impulsado pola Deputación

16 Marzo 2026

Este sábado 14 de marzo, Rianxo acolleu no Pavillón Municipal José Manuel Abuín “Chema” un seminario intensivo de defensa persoal feminina organizado pola Deputación da Coruña e impartido pola Escuela de Defensa Personal y Policía HKF.

Da man dun experto en seguridade e defensa persoal policial e dunha psicóloga, as mulleres participantes (máis de cincuenta) aprenderon desde como xestionar o medo e actuar ante unha situación de perigo ata técnicas para defenderse ante unha posíbel agresión.

Entregaron os diplomas o alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, o deputado provincial Antonio Leira, e a concelleira de Igualdade, Ana Vidal, a cal tamén participou nesta actividade.

A actividade formou parte dun ciclo de seminarios impulsado pola Sección de Deportes da Deputación da Coruña, no marco das actividades programadas para celebrar o 8M, Día Internacional da Muller. As sesións diríxense a mulleres de idades comprendidas entre os 12 e os 75 anos empadroadas en calquera dos concellos da provincia da Coruña. Cada obradoiro durará tres horas, contará cun máximo de 75 participantes e será gratuíto para as asistentes. As sedes desta IV edición son Cariño, Bergondo, Camariñas, Cambre, Padrón, Rianxo, Santiago de Compostela e Narón.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.