A USC elixe este mércores a súa reitora entre as profesoras RosaCrujeiras e Maite Flores

10 Marzo 2026


A votación electrónica efectuarase entre as 9.00 e as 18.00 horas Santiago, martes 10 de marzo de 2026.- A USC elixe este mércores 11 a primeira reitora na súa historia, que dirixirá a institución os vindeiros seis anos. A votación nesta segunda volta será entre as catedráticas de Estatística e Investigación Operativa Rosa Crujeiras e de Óptica Maite Flores e deberá efectuarse de maneira electrónica (https://aplicacions.usc.es/axe/publica, accedendo con credenciais) entre as 9.00 e as 18.00 horas.
Durante a xornada electoral, ofreceranse avances de participación ás 12.00 horas e ás 16.00 horas a través do web habilitado a efectos de transparencia. Os resultados finais da votación poderán consultarse nesta ligazón, unha vez finalizado o escrutinio. A comunicación de incidencias durante o proceso de votación poderá realizarse enviando unha mensaxe a evoto@usc.es.
Nestas eleccións poden exercer o seu dereito ao voto un total de 28.326 persoas, das que 24.158 son estudantes, 1.573 Persoal Técnico de Xestión e Administración de Servizos, 1.354 Persoal Docente e Investigador con vinculación permanente e 1.241 do PDI restante.
Prazos
O día 12 de marzo producirase a proclamación provisional da reitora electa e do 13 ao 20 establécese o prazo para presentar recursos ante a Comisión Electoral Central. A proclamación definitiva terá lugar o 23 de marzo.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.