A Rede CeMIT celebrou cun vídeo colectivo o Día Mundial de Internet

18 Maio 2020

Este 17 de maio celebrouse a nivel online a significativa coincidencia do Día das Letras Galegas e o Día da Internet, dúas efemérides que este ano deron en entremesturarse dun xeito especial, en boa medida pola imposibilidade de celebrar a nosa cultura de xeito multitudinario e presencial, o que motivou un programa especialmente virtual. Esta virtualidade tamén foi un dos grandes ingredientes das celebracións da Rede de aulas CeMIT que xestionan a axencia AMTEGA e os nosos concellos en 92 termos municipais da nosa terra, incluídos o de Ribeira, Boiro e Porto do Son. A Rede celebrou o Día de Internet cun vídeo protagonizado pola comunidade usuarios, voluntarios e axentes TIC responsábeis das aulas, nos que destacaron as vantaxes de vivir conectados e as posibilidades que abren as canles dixitais para permitir que a vida siga mesmo cando todo se pon en contra.

Foi unha iniciativa da Rede CeMIT xunto co Programa e Voluntariado Dixital (Voldix), impulsados pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA). O vídeo colaborativo presentouse baixo o epígrafe CeMIT e Voldix contigo: Conectad@s estámolo conseguindo! e formou parte dun programa xeral de actividades, agrupadas baixo o cancelo #diadeinternet, que se celebrou integramente online, permitindo que calquera cidadán poida participar neles desde a súa casa. O tema das actividades foi destacar o papel da Internet e da tecnoloxía na crise sanitaria.

Actividades das aulas

As aulas da Rede CeMIT sumáronse a diferentes iniciativas para conmemorar o Día de Internet como a colaboración coa Asociación Somos Digital para difundir a oferta de seminarios en liña e webinars con expertos sobre tecnoloxía en tempos de coronavirus durante toda esta semana. Esta actividade buscaba sensibilizar á sociedade galega sobre as posibilidades do uso da Internet así como da redución da fenda dixital e do fomento do uso seguro e responsábel.

Tamén se ofreceu a posibilidade de participar no #RetoScratch para crear un videoxogo e participar na iniciativa Súmate ao Reto ODS dirixido a formadores e educadores co obxectivo de sensibilizar á cidadanía sobre como poden utilizar Internet e os dispositivos tecnolóxicos de forma sustentábel e contribuír así aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS).

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.