O Concello de Muros avoga neste 8M pola igualdade real de dereitos na sociedade

04 Marzo 2026

O Concello de Muros presentou este mércores 4 de marzo a súa programación arredor do 8M, Día Internacional da Muller, con varias actividades para todas as idades durante o mes de marzo.

A primeira será este sábado, 7 de marzo, cunha homenaxe ás defensoras da praia organizada polas asociacións de Abelleira no local social de Sorribos, para dar paso o 13 de marzo a un coloquio con exemplos de mulleres emprendedoras de Muros.

Os días 16 e 17 chegará a quenda dos contacontos teatralizados nos centros de Infantil e Primaria de Vilalba, para pechar a programación cun novo Café Feminista no Centro Social de Louro.

“Unha programación cun obxectivo, o de concienciar na necesidade de seguir avanzando na igualdade real de dereitos, non podemos dar pasos cara atrás como sociedade”, asegura Maruxa Martínez, concelleira de Igualdade de Muros.

“É moi importante reforzar a concienciación, que as nenas e os nenos tomen conciencia do que é realmente a igualdade, por iso poñemos o foco un ano máis nos centros de ensino”, explica pola súa parte a alcaldesa, María Lago.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.