O Concello de Noia felicita ao fotógrafo Toño Villar polos seus importantes recoñecementos

02 Marzo 2026

O fotógrafo noiés Toño Villar foi distinguido como un dos integrantes da Colección de Honra da Federación Española de Profesionais da Fotografía e Imaxe (FEPFI), celebrados os pasados días 20, 21 e 22 de febreiro na Coruña.

No devandito certame, no que se avalían grandes e senlleiras obras do panorama nacional, 2 das contribucións de Toño Villar foron galardoadas con Mérito, acabando finalmente a súa inclusión na Colección de Honra, máximo galardón alcanzábel no devandito certame.

Estes fitos pechan para Toño Vilar un ano de grandes éxitos, xa que o devandito súmase á medalla de bronce obtida nos Tokyo Internatioal Photo Awards, ademais dunha Mención de Honra do xurado, así como a distinción conseguida nos Premios Nacionais Sony AFPV da Comunidade Valenciana, xunto a múltiples nomeamentos nos Premios Nacionais Quijote, nos Premios da propia FEPFI, e nos Premios Goya de Fotografía.

Parabéns do Concello de Noia

Tendo en conta todos estes éxitos, o Concello quixo felicitar Antonio Villar (Toño Villar Fotografía, con sede en Ames) polos “recentes recoñecementos acadados”, tanto pola súa distinción na Colección de Honra no Certame de Cualificacións da FEPFI como polo premio Sony FPV conseguido na Comunidade Valenciana.

“Trátase duns logros de enorme prestixio que recoñecen a excelencia técnica e artística do seu traballo, e que nos enchen de orgullo como vila. O talento, a sensibilidade e a dedicación de Antonio son exemplo do extraordinario nivel da fotografía local en Noia”, informou o Concello.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.