O alumnado do Programa Integrado de Emprego de Boiro, A Pobra e Rianxo participa nun obradoiro de deseño de currículos

23 Febreiro 2026

O alumnado participante no Programa Integrado de Emprego que levan a cabo de forma conxunta os Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra participou nun obradoiro de deseño de currículos carta de presentación e deseño de currículos orixinais na que se implicaron finalmente 26 persoas.

Durante a actividade as persoas asistentes recibiron consellos prácticos para destacar as súas habilidades, experiencias e competencias, así como recomendacións clave para adaptar o seu currículo e carta de presentación ás diferentes ofertas laborais e que estes actúen como elemento diferenciador nos procesos de selección.

A actividade formativa estivo conducida por María Boisa Dosil, consultora de Recursos Humanos da entidade Micofer by Empatif. O deseño desta actividade formativa achegou ás persoas asistentes a visión dun recrutador, dando a coñecer que aspectos valoran máis as empresas e como analizan os perfís, así como os elementos que poden marcar a diferencia nunha candidatura.

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Boiro 2025-2026 realízase en colaboración co Concello de Rianxo e a Pobra e está subvencionado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego Estatal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...