Xuntanza do rexidor de Rianxo e concelleiro de deportes cos clubs deportivos

15 Maio 2020

Adolfo Muíños e Xusto Ordóñez xuntáronse cos presidentes dos clubs de CCD Taragoña Fútbol, Club Xadrez Rianxo, C.D. Unión de Asados, Club Baloncesto Rianxo – CBRianxo, Club Voleibol Rianxo, Club Remo Rianxo e Club Piragüismo Rianxo-Rianxo. 

O obxectivo da reunión era analizar a situación xerada pola crise da COVID19 e as consecuencias que ten no eido deportivo en canto á participación en adestramentos e competicións, as medidas de prevención e seguridade a adoptar, o financiamento das entidades, entre outras. Repasouse a información relativa a cada unha das fases de desescalada e cada club informou das súas intencións e necesidades no futuro inmediato. Un intercambio de ideas positivo que servirá para planificar de xeito axeitado a reincorporación á normalidade. 

Videoconferencia do concello cos clubs de Rianxo

Tamén se acordou un elaborar unha campaña de apoio ao tecido empresarial local desde os clubs, da man do concello, de xeito que estas entidades poidan devolver e agradecer o apoio que recibe desde este sector en forma de patrocinios e colaboración. As reunións dividíronse en grupos para respectar a normativa. Asistiron á primeira reunión aquelas entidades que forman parte do programa Deporte Base. A vindeira semana farase a reunión cos restantes clubs do concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.