“Maria Reigosa”. Xulio Xiz

10 Febreiro 2026

Poucas veces alcanza tanta notoriedade un membro da Corporación municipal de Lugo como agora ocorre con María Reigosa, incorporada xa avanzada a lexislatura por parte do P.S.O.E. O protagonismo dos concelleiros queda diluído no papel dos grupos municipais, como o dos aspirantes nas listas que concorren ás eleccións, xa que a selección previa e a orde de colocación sitúan aos participantes nun papel secundario en relación co grupo e quen o encabeza.

Outra cousa sería se os votantes puidesemos escoller nomes de entre os que nos ofrecen, porque poderían obterse resultados moi democráticos, pero de mais difícil coordinación e control, porque o saberse elixidos directamente polo electorado proporcionaríalles autoridade moral e outro papel social.

É raro que nun grupo político xurda un verso libre, aínda que só sexa pola predicción guerrista de que “o que se mova non sae da foto”, sendo María excelente excepción da regla por saír en ben fotos, precisamente por saírse da fila.

A “excepción María Reigosa” engádelle vida a este concello no que se conta que os votos socialistas máis os nacionalistas dan un máis ca os populares, porque a mátemática supera á política. Pero con María é diferente, subliñando o valor dun voto onde todo parece resolto previamente.

Os concelleiros, e o sistema, teñen que agradecerllo á concelleira que non pretende saír na foto do futuro, pero dalle valor á realidade presente. O Voto da concelleira agoira que non vai ter moito percorrido político, pero mentras estea en activo é o máis libre e valioso – por razoado, aínda que non tivese razón – dos que deciden o futuro da cidade que habitamos.

Outros artigos

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

+

Luns 21, tempo seco e as temperaturas estables ou en lixeiro ascenso

Continuamos sen cambios significativos no meteorolóxico. Este luns 21, San Mateo, será unha xornada de marcada estabilidade atmosférica en todo o territorio autonómico. Durante as primeiras horas do día formaranse bancos de néboa en zonas do interior. Non obstante,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.