A Deputación distribuíu 56.581 máscaras entre os concellos do Barbanza

11 Maio 2020

A Deputación da Coruña fixo balance este luns do repartido estas semanas nos nosos concellos en materia de material de protección fronte á COVID-19: un total de 56.581 máscaras entre os termos municipais do Barbanza ao longo dos meses de abril e maio. O reparto, que segue en activo esta semana cun novo lote, estase a realizar en función da poboación dos concellos.

O material vai destinado aos concellos da provincia da Coruña, que deciden a finalidade dos equipamentos en función das súas necesidades, distribuíndoas entre a cidadanía, os negocios que comezan a funcionar, os usuarios dos transportes públicos ou os profesionais de servizos esenciais municipais.

As máscaras adquiridas pola Deputación son de tipo cirúrxico de tripla capa e contan con certificado CE para produtos sanitarios segundo a directiva europea 93/42/EEC.

Contrato para adquirir 500.000 máscaras máis

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, sinalou este luns 11 de maio que a Deputación da Coruña “seguirá adquirindo e enviando material de protección aos concellos durante o tempo que dure a crise sanitaria da COVID-19”.

Tamén salientou que a institución provincial ten aberto o proceso de licitación pública dun contrato para o subministro de ata 500.000 máscaras máis, que se distribuirán de xeito periódico entre os municipios coruñeses nos vindeiros seis meses. “Sumando esta cantidade ás xa repartidas en abril e maio, o Goberno provincial prevé pór máis de 900.000 máscaras a disposición da cidadanía da provincia a través dos concellos”, engadiu.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.