Adxudicada a mellora peonil en Iñeiras(Olveira), Lorenzo Mariño (Aguiño e Abesadas (Santa Uxía)

11 Maio 2020

O Concello de Ribeira procedeu a adxudicar con carácter provisional unha triple actuación dirixida a mellorar a seguridade viaria e o tránsito peonil en tres puntos do municipio: o lugar de Iñeiras, situado en Olveira; a rúa
Francisco Abesadas, en Aguiño; e As Abesadas, en Santa Uxía.
Polo que respecta a Iñeiras, a zona na que se vai realizar a intervención consta dunhas beirarrúas feitas en zahorra compactada que van ser demolidas e substituídas por outras a base de formigón pulido, intercalado con franxas de adoquín de formigón. Terán unha lonxitude de 500 metros.

Iñeiras (Olveira)

Polo que respecta á rúa Francisco Lorenzo Mariño, o tramo en cuestión está formado actualmente por soleiras de formigón que serán demolidas e no seu lugar colocarase un tramo de beirarrúa de baldosa hidráulica ao longo de 37 metros.

Rúa Francisco Mariño (Aguiño)


Por último, no que se refire a Abesadas, na área na que se vai actuar, sita xunto á rotonda da Poutada, existe un pavimento de terra. Ao igual que no punto sinalado no parágrafo anterior, coa fin de afianzar a seguridade viaria estenderase un tramo de beirarrúa con baldosa hidráulica nunha lonxitude de 60 metros.
A empresa que obtivo unha mellor clasificación no proceso de licitación resultou ser Construccións Fermín Simal, S.L.. A obra entraña un investimento de 43.408 euros, IVE incluído, financiados no marco do Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de Concellos) POS+ 2018. O prazo de execución son dous meses.

Rúa Abesadas (Ribeira)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.