En Muros o Concello comeza as obras para sanear e renovar a rúa Real

21 Xaneiro 2026

O Concello de Muros informou do comezo as obras para o saneamento e a renovación do pavimento da rúa Real, cun investimento de 240.000 euros.

Por este motivo, desde este xoves, 22 de xaneiro, e ata novo aviso, permanecerá pechado ao tráfico o acceso á rúa Real dende a praza de Galicia, confirmaron fontes do Goberno galego, engadindo que para aqueles vehículos que acceden dende a rúa da Axesta, a saída será polo Mercado Municipal en dirección á estrada de Miraflores.

Permitirase o acceso a través da rúa Ancha, exclusivamente, a aqueles condutores que acrediten ter licenza de vao permanente no tramo da rúa Real que non se vexa afectado polas obras.

“As obras suporán unha importante mellora dos servizos públicos na rúa Real de Muros”, informou o Concello, expresando o seu agradecemento á cidadanía pola súa comprensión e polas molestias xeradas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.