O alumnado do IES Nº1 de Ribeira participará nun programa de educación emocional para avanzar en cooperación, respecto e autocoidado

17 Xaneiro 2026

Do 20 de xaneiro ao 9 de marzo o alumnado de 3ºESO e 4ºESO do IES Nº1 de Ribeira participará no Programa de Educación Emocional Espertando a Forza Interna. Será impartido pola psicóloga sanitaria Mª Carmen González Hermo, experta en psicoloxía de emerxencias, psicóloga deportiva, e membro da rede de formadores-colaboradores do CAFI. A experta, no transcurso do obradoiro, creará un espazo onde o alumnado poida expoñer as súas inquedanzas e reflexionar sobre elas en base a principios de calidade de vida, cooperación, autocoidado e coidado mutuo e saúde mental.

O seu principal obxectivo é que o alumnado sexa capaz de identificar e adquirir novas ferramentas de afrontamento propias, reflexionar sobre os valores e sobre o propio proxecto vital, fortalecer o sentido de pertenza ao grupo e, tamén, adquirir estratexias para previr e dar apoio ante unha crise de ansiedade.

E para conseguilo, empregará unha metodoloxía “moi participativa”, segundo adiantan dende ANPA Caramecheiro (organizadora do programa), engadindo que a Carmen González “fará investigacións sobre as súas emocións, debates, presentacións tipo publicidade-marketing, entrega de preguntas e inquedanzas anónimas, pósters a partir de imaxes de revistas, un debuxo en papel continuo dunha aldea celta cos distintos roles e crearán un poema coas frases que resuma o que aprenderon”.

Na última sesión avaliarán o programa cunha enquisa cun código QR.

Con estes obradoiros, a ANPA Caramecheiro do IES Nº1 de Ribeira agarda “achegar recursos que axuden a diminuír as taxas de ansiedade, violencia, bullying ou suicidio entre a nosa mocidade”.

Esta actividade está organizada pola ANPA Caramecheiro en colaboración co IES Nº1 de Ribeira e subvencionada pola Deputación da Coruña.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

Una vía de alta prestación a 15 minutos”. José Castro López

El Gobierno gallego cumplió con una de sus primeras obligaciones, la de presentar losPresupuestos con la previsión de ingresos y el desglose de gastos para el ejercicio 2027.Las cuentas anuales son como la hoja de ruta a la que ha de ajustarse el Ejecutivo en...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.