Martes 13, chuvias locamente fortes na primeira metade do día

12 Xaneiro 2026

Continuaremos este martes 13, baixo o dominio das baixas presións, polo que persistirá a inestabilidade atmosférica. Durante a mañá, a fronte moi activa da xornada do luns irá abandonando o país, deixando precipitacións xeneralizadas, que poderán ser localmente fortes na metade norte durante as primeiras horas do día. A cota de neve descenderá ata os 1.200 metros.

As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non rexistrarán cambios significativos (8 a 15 graos). Os ventos soprarán de compoñente suroeste, de intensidade moderada.

meteogalicia

O noso mar: Vento do sudoeste á mañá e á tarde e do oeste á noite, forza 4 a 5 á mañá, 3 a 5 á tarde e 2 a 3 á noite. Forte marusía á mañá e á tarde e mar ovellado á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e boa á noite. Mar de fondo do oeste á mañá e á tarde e noroeste á noite, con ondas de 2.5 a 3 metros á mañá, 3 a 3.5 metros á tarde e 4 a 4.5 metros á noite.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.