O PSOE de Lousame vota en contra dos Orzamentos Municipais ante “a falta de investimentos propios, que supoñen só un 4%” 

05 Xaneiro 2026

Pleno de Lousame do pasado 27 de decembro

O PSdeG de Lousame votou en contra dos Orzamentos Municipais para o ano 2026 no municipio ante, segundo informou a agrupación, “a falta de investimentos propios”.

E engadiron: “O noso municipio precisa dunhas contas que aposten polo territorio e o dinamicen, que permitan avances e que non os fagan depender do que se decide noutras instancias”. 

O voceiro socialista local, Juan José Prego Ces, destacou en primeiro lugar que “a contía dos Orzamentos, que se presentan como os máis altos da historia do municipio, non é froito da boa xestión do Goberno municipal, senón do aumento dos investimentos da Deputación da Coruña no noso Concello, e así pódese comprobar prestando atención ó incremento de máis de cen mil euros no investimento da institución en Lousame a través do Plan Único, ou á aprobación dunha nominativa para financiar o 80 por cento do cambio de céspede do campo de fútbol de Cabanetán, algo que se conseguiu non polo traballo do equipo de Goberno, senón da oposición”, engadiu, ao tempo que criticou “a convocatoria do pleno extraordinario un luns para a aprobación dos orzamentos, en pleno Nadal, no venres da mesma semana, deixando unha marxe de menos de cinco días para estudar un documento de tanto calado” co obxectivo de limitar “a capacidade dos demais grupos de facer oposición e propostas”. 

Considerou que se precisan uns orzamentos “que aposten máis polo concello”, destacando que “a contía aportada con fondos propios é de 147.864,96 euros, un 4% do orzamento, o que fai que dependamos sempre doutras administracións públicas”. 

Finalmente, lamentou “a falta de comunicación do equipo de Goberno coa oposición”.

De feito, no propio pleno extraordinario, Prego Ces manifestou o seu rexeitamento a “ter que coñecer determinados programas ou medidas, como neste caso o programa de axudas á natalidade, por redes sociais e non por parte dos concelleiros do equipo de Goberno”. 

“Ante informacións imprecisas que observamos en determinados medios de comunicación, aclaramos que a crítica que fixemos foi esa, a da falta de comunicación, mais en ningún momento criticou este grupo o programa en si mesmo, aínda que, como o alcalde recoñeceu ante unha intervención do concelleiro do BNG, a medida non é suficiente para solucionar o forte problema demográfico que sufrimos”,  concluíu.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...