O conserveiro de Ribeira, Ignacio González, doou 7.000 latas a Vilar de Barrio

07 Maio 2020

O conserveiro de Ribeira, Ignacio González, doou 7.000 latas a Vilar de Barrio para o seu programa de axuda a familias vulnerables que agora están máis tocadas coa crise que se vive actualmente. Esta doazón sumarase a outras conseguidas polo CDR O Viso e algúns produtores da zona para axudar a 27 familias xa seleccionadas previamente polo departamento de servizos sociais. As reparticións realízanse cada 15 días. Neste municipio está en marcha a creación dunha ONG para canalizar este tipo de accións que o rexedor local, Manuel Conde, remarcou que non lle custan nada ao Concello.

Material donado a Vilar de Barrio. Cedida

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“500 noites” – Xulio Xiz

“500 noites” – Xulio Xiz

O dato das 500 noites lembroumo o pasado San Froilán o magnífico Carlos García-Boente Carro, á fronte de La penúltima sabinera, que foi debullando os éxitos de Joaquín Sabina diante do entusiasmo dos presentes, deixando para o remate os dous temas para min máis...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.