Noia despediu o ano por todo o alto. Ao longo da xornada do 31 de decembro sucedéronse as actividades de celebración para despedir 2025 e recibir 2026.
Ás 12:00 h, máis de 1.100 persoas xuntáronse na Alameda para celebrar unhas multitudinarias pre-badaladas.

Pola tarde, a tradicional Carreira San Silvestre encheu as rúas de Noia con máis de 750 participantes, moitos deles lucindo divertidos disfraces navideños.
E pola noite, arredor de 800 persoas concentráronse no Curro para despedir o 2025 e dar a benvida ao 2026.
Dende o Concello de Noia agradeceron a implicación de todas as persoas e entidades que fixeron posíbel o bo desenvolvemento da xornada festiva do 31 de decembro: empresas colaboradoras, GES, Policía Local, Protección Civil, Limpeza Viaria, Churrería, persoal técnico municipal, Clube Atletismo Noia, Cruz Vermella, voluntariado e, por suposto, a todas as persoas participantes.




