A Deputación de Pontevedra pon á venda a banda deseñada “Castelao en Pontevedra (1916-1936)”, de Miguel Pérez Ramudo

29 Decembro 2025

Miguel Pérez Ramudo publicou a banda deseñada Castelao en Pontevedra (1916-1936), editada por Almacén de Fábulas para o Museo de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra, un percorrido biográfico e artístico polos vinte anos nos que o intelectual e artista viviu en Pontevedra. O cómic, de 64 páxinas e editado en tapa dura, pode adquirirse por 20 euros no Edifico Castelao do Museo.

Castelao en Pontevedra (1916-1936) estrutúrase como un diario no que o seu protagonista nos conduce polos momentos clave da súa vida a través da súa voz interior, coa participación activa dos intelectuais, artistas e pensadores que moldearon o ambiente cultural da época, como Cabanillas, Risco, Losada Diéguez e Bóveda, entre outros. “Este tecido de figuras serve para contextualizar o impacto de Castelao e tamén para destacar o papel de toda unha xeración comprometida coa identidade e o patrimonio galegos”, explica a Deputación, engadindo que nese período comprendido entre 1916 e 1936, o cómic recolle momentos clave da biografía do rianxeiro, como a súa intervención na Asemblea Nacionalista de Lugo (1918), a viaxe a Francia, Béxica e a Alemaña (1921), a morte do seu fillo (1928), a edición do álbum Nós (1931), o desterro en Badaxoz (1934) ou os acontecementos de 1936, coa súa elección como deputado pola Fronte Popular, a campaña e aprobación do Estatuto de Galicia e o alzamento militar que dá inicio á Guerra Civil e provoca o seu exilio.

O libro inclúe un rico rexistro visual no que as viñetas recrean minuciosamente obras de Castelao e usan como fonte moitas fotografías da súa vida e un amplo abano de imaxes de arquivo: paisaxes rurais, rúas e prazas, carteis e escenas da vida cotiá.

Miguel Pérez Ramudo, natural de Cambados, é o ilustrador e guionista desta obra. Conta cunha notable experiencia na translación a viñetas da biografía de personalidades da cultura galega. No ano 2020 gañou o 1º premio Xuventude Crea na categoría de banda deseñada por Joaquín Vaamonde (1871-1900). Unha promesa truncada da Xeración Doente. Tamén é autor de Ricardo Carvalho Calero. Unha biografía en viñetas (Lela Edicións, 2020).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.