O Concello de Boiro organiza este sábado 27 de decembro un espectáculo familiar encadrado no programa de actividades culturais de Nadal: o espectáculo Neofalante!, a cargo de Luis Vallecillo. Será na rúa Peonil a partir das 18.00 horas.
Con música, monicreques e maxia, Luis Vallecillo quere festexar os seus “20 anos vivindo en Galicia”cun este espectáculo…. e convida a todas aquelas persoas que tiveron como primeira lingua o castelán a gozar das vantaxes de ser neofalante” e gozar dese modo das experiencias que nos ofrece o idioma de Rosalia de Castro, Álvaro Cunqueiro, Luisa Villalta, e tantas outras.




