91 ANPAS da provincia da Coruña optan ás novas axudas da Deputación para actividades educativas en 2026

23 Decembro 2025

Un total de 91 asociacións de nais e pais (ANPAS) dos centros educativos públicos da provincia da Coruña concorreron á nova convocatoria de axudas posta en marcha pola Deputación para a realización de actividades ao longo do ano 2026, un programa que conta cun orzamento global de 250.000 euros.

A iniciativa ten como obxectivo apoiar o labor das ANPAS como axentes fundamentais da comunidade educativa, fomentando actividades complementarias á educación regrada e impulsando a participación das familias na vida escolar.

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva e permitirán financiar proxectos de carácter educativo, formativo, cultural e de lecer, así como iniciativas de conciliación da vida familiar e laboral. Tamén se inclúen actividades extraescolares, saídas didácticas, accións de reforzo educativo, encontros formativos e actuacións orientadas á inclusión, á igualdade de oportunidades, ao uso da lingua galega e ao respecto polo medio ambiente.

Cada ANPA poderá recibir unha subvención de entre 1.500 e 10.000 euros, cun coeficiente de financiamento que oscila entre o 20 % e o 80 % do orzamento subvencionable. As actividades deberán desenvolverse ao longo do ano natural 2026.

A deputada de Educación, Yoya Neira, destacou que “esta nova convocatoria reflicte a aposta firme da Deputación da Coruña por unha educación pública de calidade que vai máis alá das aulas, recoñecendo o papel esencial que xogan as ANPAS no acompañamento educativo e na conciliación”.

Neira subliñou tamén a elevada participación rexistrada nesta primeira edición do programa: “O feito de que se presentasen 91 solicitudes demostra a necesidade de seguir apoiando o traballo que realizan as ANPAS nos centros educativos da provincia”.

A deputada puxo en valor, ademais, o enfoque social e inclusivo das bases da convocatoria, salientando que “promove valores fundamentais como a igualdade, a inclusión e a participación comunitaria, que forman parte do modelo educativo que defendemos desde a Deputación da Coruña”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.