Amicos celebra en Lousame o seu Festival de Nadal 2025

18 Decembro 2025

A Casa da Cultura de Lousame acolleu na mañá deste 18 de decembro o tradicional Festival de Nadal da asociación Amicos. O evento comezou ás 12.00 horas coa presentación do calendario solidario da entidade. A continuación, os e as integrantes de Amicos actuaron nunha sesión cargada de música, bailes, e distintas actuacións. Ao acto acudiron Silvia Agrafojo, concelleira de Servizos Sociais de Lousame; José Antonio Ces, concelleiro de Seguridade Viaria e Protección Civil, Digna Iglesias, vicepresidenda de Amicos, e Xoán España, director xeral da entidade, entre moitos outros integrantes da familia Amicos.

O festival arrincou coa presentación do calendario benéfico 2026 de Amicos, que esta edición fixo un percorrido polos 25 anos de historia da entidade con fotografías das persoas que acudiron e acoden aos centros. A iniciativa conta co apoio especial de Gadisa, e a colaboración de Paco & Lola, M Servicio Móvil, Darlim, Pan do Mar, Congalsa, Valora Consultores, Fundamar, ADM Comunicaciones, Cafés Caldelas, Recursos Galicia, Reyjosa Frutas y Flores, LAU Creaciones, Ara Formación, Automecánica Boiro, Farmacia Cimadevila, Carnes Domínguez, Combustibles Puebla, Grupo Roig, Gasóleos Barbanza, ACEROffice, Lignus Pellets de Galicia, Transportes Galastur, Sercios Vending de Galicia, Gráficas Garabal, Hermo Dental, Sambre, Almacenes Vidal, Fundación Francisco Verdía, Farmacia Villamil Reigosa, Serdeco Contratas e Lesmes Fotógrafos.

Os calendarios benéficos poden adquirirse no Centro de Atención Integral de Boiro, cun custo de 7 euros o de mesa completo, 5 sen a base de madeira, e 8 euros o almanaque grande para colgar. Durante o festival, a concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Xuventude, Educación e Cultura de Lousame, Silvia Agrafojo, destacou que “dende o Concello de Lousame estamos encantados de acoller este festival e colaborar en todo o que podemos con Amicos”.

Neste senso, o director xeral de Amicos, Xoán España, destacou que “estamos encantados de presentar, un ano máis, o noso calendario solidario. En Amicos, un dos nosos piares é o coidado, principalmente das persoas pero tamén do planeta e da biodiversidade. E este ano quixemos poñer en valor ás persoas que formaron e forman parte de Amicos dende fai 25 anos, cando este proxecto botou a andar”.

Tras estas palabras comezaron as actuacións, que foron presentadas por Nuria Fernández, coordinadora do centro de educación especial de Oleiros, e a peke Mariana Zurita. Os primeiros en subirse ao escenario foron o grupo dos Nadadores de Babilon, o grupo de persoas con mobilidade reducida e grandes necesidades de apoio, que realizaron un baile do máis creativo. Os seguintes foron os amicos e amicas do obradoiro de canto As voces do Nadal, que interpretaron dúas panxoliñas compostas por eles e elas, nas que tamén fixeron referencia á historia da entidade e a que significa para eles Amicos, acompañad@s pola técnica María Rodríguez.

A continuación foi a quenda do obradoiro de baile urbano O grupo Ropopompón; aos que seguiron o club de teatro de Amicos, que representou O portal de Comoxo, e o vídeo Nadal Rock. As dúas últimas actuacións correron a cargo do alumnado do CEEPR Amicos baixo o título O país das fadas e Mensaxes da auga. Por último, a actividade final da mañá foi o lotobingo impulsado polos pekes, que foron os encargados de crear todo o equipamento e realizar o sorteo, inspirado no sorteo da Lotería de Nadal, no que participaron todos os asistentes.

Arredor das 14:00 tivo lugar o peche do evento, no que todos os integrantes da familia Amicos convidaron ao resto de asistentes a subir ao escenario para cantar e bailar a panxoliña Mi burrito sabanero en grupo.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.