A Xunta dá luz verde ambiental “con condicións” ao proxecto para adecuar unha nova á elaboración de cárnicos en Ribeira

11 Decembro 2025

A Xunta de Galicia deu luz verde ambiental á adecuación dunha nave industrial no Polígono de Xarás, en Ribeira, destinada á elaboración de produtos cárnicos, autorización supeditada, en todo caso, a”o cumprimento das condicións incluídas nos distintos documentos emitidos no marco da tramitación ambiental”, informou. Segundo conclúe o informe de impacto ambiental (IIA) emitido pola Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, “non son previsíbeis efectos adversos significativos derivados do proxecto sempre que se respecte tanto o recollido no documento ambiental e na restante documentación analizada como o condicionado que figura na propia resolución autonómica”.

A Xunta engadiu que o informe foi elaborado no marco do procedemento de avaliación de impacto ambiental simplificada desta iniciativa empresarial, un trámite no que a documentación presentada polo promotor foi sometida a participación pública, “sen que se recibise ningún escrito ou alegación ao respecto, ao tempo que foron consultados un total de 10 organismos e entidades interesados”.

Froito desas consultas, realizaron as valoracións correspondentes e estableceron condicionantes que se engaden aos incluídos no propio programa de vixilancia ambiental que recolle a resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade.

Consideran que o proxecto non “vai ter impactos significativos nos distintos eidos analizados” e que “sería viábel a súa posta en marcha sempre que se cumpran os condicionantes establecidos nos seus respectivos informes con relación a aspectos como a protección da atmosfera, poboación e saúde; augas dos leitos fluviais; xestión de residuos; patrimonio natural e medidas de eficiencia enerxética”.

O obxecto do proxecto avaliado é a modificación dunha nave xa existente no polígono industrial ribeirense de Xarás (anteriormente dedicada á industria do peixe) co fin de conseguir unha planta totalmente innovadora de elaborados de produtos cárnicos (hamburguesas, aliñas de polo, adobados de zorza, espetadas e pinchos, empanados, rotti e outros similares), cunha capacidade de produción estimada de 2.750 t/ano.

O edificio existente é unha nave industrial con estrutura de formigón armado prefabricado de 1.939 m2 e planta rectangular. As obras a executar por Elaborados Moibó, SL pretenden organizar a edificación en tres alturas que acollerán 2.699,75 m2 construídos, distribuídos en soto, planta baixa e planta primeira.

Agora, será a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias da Consellería do Medio Rural, como órgano substantivo encargado de tramitar o conxunto do proxecto e de autorizalo en última instancia, a que pase a asumir de novo o expediente unha vez completado o trámite ambiental.

Outros artigos

Volve o Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral da Lingua presentaron hoxe a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, coa que as dúas entidades, en colaboración con El Corte Inglés, pretenden fomentar a creación poética en lingua galega á vez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.