Loxística Lijó executa a opción de compra dunha parcela en dereito de superficie no polígono de Muros

03 Decembro 2025

Solo Empresarial do Atlántico (SEA) formalizou na mañá deste 3 de decembro a venda dunha parcela adquirida hai dous anos pola compañía Loxística Lijó baixo a modalidade de dereito de superficie, é dicir, alugueiro con opción a compra. A xerente de SEA, Beatriz Sestayo, acudiu á notaría de Muros para rubricar a operación xunto a Marcos Lijó, un dos responsábeis da empresa, culminando así o proceso iniciado en decembro de 2023, cando a compañía, especializada en transporte de mercadorías e comercialización de materiais de construción, adquiriu unha parcela de 594 metros cadrados.

Na actualidade, a firma conta con tres parcelas que suman un total de 3.842 metros cadrados. A empresa, que se atopa nun momento de expansión, construirá en datas vindeiras unha nave, que se une ás dúas que xa posúe no Parque Empresarial de Muros.

Sestayo mostrou a súa satisfacción ao completar este trámite, que, segundo dixo, “volve confirmar o valor do dereito de superficie, unha ferramenta importante para SEA porque facilita o acceso ao solo industrial a empresas que queren instalarse nun parque empresarial ou desexan medrar nel, pero necesitan condicións económicas máis flexíbeis”. Este mecanismo, engadiu, “permite aos empresarios empezar a súa actividade cun menor desembolso inicial e acceder a opcións de compra futuras, co que promovemos un uso eficiente e máis dinámico dos parques empresariais que xestionamos”.

Tamén dixo que “operacións como esta reflicten a utilidade do dereito de superficie para acompañar ás empresas nos seus primeiros pasos ou nos seus procesos de expansión, ofrecendo facilidades reais e adaptadas ás súas necesidades”.

Desde Logística Lijó comparten esta valoración, aínda que sinalan que “en moitas ocasións as licenzas de obra tardan tanto en resolverse que acaban paralizando actividades que deberían poder iniciarse moito antes”.

SEA subliñou ademais que esta fórmula –que foi incluída no plan de comercialización de 2025– continuará sendo unha das principais liñas de apoio ao tecido empresarial, fomentando a implantación de novas iniciativas económicas en Galicia e contribuíndo á xeración de emprego.

Características do parque empresarial de Muros
Superficie Bruta: 196.207 m2.
Superficie Neta: 92.124 m2.
Edificabilidade Industrial: 77.144,66 m2.
Edificabilidade Terciario: 14.568,57 m2.
Edificabilidade Total: 91.713,23 m2.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.