UCIN Galicia alerta “dunha situación límite” no Clínico de Santiago e esixe medidas urxentes ante “o colapso permanente de aparcamento”

24 Novembro 2025


O coordinador de UCIN Galicia, José Luis Calo, emitiu un comunicado no que reclama “accións inmediatas e valentes” fronte ao déficit xa insostíbel de prazas de aparcamento no Hospital Clínico Universitario de Santiago, un problema que “leva demasiados anos enquistado pola incapacidade política do Concello de Santiago e da Xunta de Galicia”. Segundo explicou Calo, desde o inicio das obras de ampliación do complexo e da instalación do centro de protonterapia, desapareceron centos de prazas de aparcamento, o que provocou que miles de pacientes, familiares e profesionais padezan cada día “un auténtico calvario para acceder ao hospital”.

UCIN lembra que en 2024 a Xunta e o Concello anunciaron a “bombo e prato” un suposto gran acordo que incluía a mellora dos accesos ó CHUS, o
reforzo do transporte urbano e interurbano, a posta en marcha dun plan de transporte ao traballo e a creación dun novo aparcadoiro disuasorio.
“Ano e medio despois, non se cumpriu absolutamente nada. Cero avances. Ningunha obra iniciada. Ningunha solución real”, denuncia Calo, engadindo que o dito “foi outro anuncio político feito para a foto, non para resolver un problema que afecta directamente á saúde, á mobilidade e á vida cotiá de milleiros de persoas”.

UCIN Galicia critica duramente ao Goberno municipal de Santiago, ao que acusa de non “cumprir nada do que prometeron”.
Entre as promesas incumpridas polo Concello, Calo sinala “a creación de novos aparcadoiros disuasorios na contorna de Galeras, Volta do Castro e Santa Marta o reforzo real das liñas de autobús cara ao CHUS, que continúan sen frecuencias adecuadas nin horarios adaptados a quendas hospitalarias; a colocación de sinalización intelixente e paneis que xa se anunciara en varios orzamentos municipais; e a proposta de reordenación viaria na contorna do Clínico, anunciada repetidamente e nunca executada”.

UCIN Galicia propón a habilitación inmediata de prazas provisionais mentres duren as obras de ampliación; a creación dun aparcadoiro disuasorio gratuíto con lanzadeiras cada 5-7 minutos ao CHUS; o reforzo real das liñas de autobús, adaptando horarios e frecuencias ás quendas do persoal sanitario e ás citas hospitalarias; a coordinación real entre Xunta e Concello, con compromisos verificábeis e prazos públicos; e un plan integral de mobilidade para a contorna hospitalaria, baseado en criterios técnicos e non en anuncios electorais.

    Outros artigos

    Publicidade

    Revista en papel

    Opinión

    “A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

    “A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

    Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

    O Barbanza
    Resumo de privacidade

    Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.