A Mostra Mares da Fin do Mundo proxectará en Rianxo máis de 40 filmes

21 Novembro 2025

Este venres 21 de novembro, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Pesca, presentáronse en Rianxo os detalles da VIII Mostra Internacional de Cinema Documental Mares da Fin do Mundo, que se celebrará na vila rianxeira do 10 ao 14 de decembro. Durante estes días proxectaranse no Auditorio de Rianxo máis de 40 filmes e realizaranse múltiples de actividades de divulgación.

O alcalde Julián Bustelo fixo saber que “a pesca e o mar son dous dos piares fundamentais da identidade de Rianxo, por iso é para nós un orgullo acoller esta mostra internacional na que se relata, de maneiras diversas, a realidade de moitas comunidades humanas moi ligadas ao mar en diferentes puntos do planeta”.

Como primeira actividade paralela á mostra, no Auditorio de Rianxo está xa aberta a exposición fotográfica aMar de Lorena do Merlo.

Na súa anterior edición a mostra desenvolveuse en Ribeira e, previamente, no concello de Outes.

O evento está organizado pola Asociación Cultural Mares da Fin do Mundo e patrocinado pola Deputación da Coruña, a Xunta de Galicia e, neste caso, o Concello de Rianxo.

A Mostra MDFDM é asinante do Pacto Cultura Sustentábel, en liña coa Axenda 2030 e cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentábel (ODS).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.