Localizado o condutor responsábel de importantes danos a vehículos estacionados en Noia

17 Novembro 2025

A Policía Local de Noia informou de que xa localizado e detido o condutor responsábel dos danos ocasionados en diversos automóbiles na madrugada do domingo, vehículos estacionados en zona urbana que recibiron o impacto do automóbil da persoa agora detida, que se ben nun principio deuse a fuga, foi rapidamente identificada polos axentes. Estes sinalaron que “ademais da responsabilidade derivada polos feitos, o condutor será proposto para sanción por diversas infraccións á normativa de tráfico, entre elas abandonar o lugar do sinistro sen facilitar os datos ao prexudicado”.

O sinistro comezou cun primeiro choque contra unha furgoneta estacionada na beira, o que motivou que esta impactase contra o vehículo que estaba aparcado diante e este, á súa vez, contra o que tiña ao seu carón. Os feitos aconteceron sobre as 3 da madrugada na rúa Carcarsía. Os veciños, ante o estrondo do golpe, tiveron tempo de ver a marca e a cor do coche e comunicar os datos aos axentes. Ao parecer, a clave para a localización do automóbil responsábel dos danos foi a información achegada por dúas persoas que camiñaban a esa hora polas inmediacións.

Foto da furgoneta danada cedida e publicada en La Voz

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.