Rueda anuncia que Galicia terá 4.000 vivendas comprometidas para duplicar o parque público de Galicia e chegar así ás 8.000

16 Novembro 2025

O presidente interveu ante os medios tras o retiro de traballo do Goberno galego que tivo lugar esta fin de semana en Meis (Pontevedra)

Rueda adianta os grandes proxectos para 2026: preludio do Xacobeo, 4.000 vivendas públicas, impulso á innovación e primeiro centro público de protonterapia.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que en 2026 Galicia contará con ata 4.000 vivendas de promoción pública “en marcha”, o que, segundo afirmou, permitirá dobrar o parque público actual.

Durante a súa intervención tras o retiro de traballo que reuniu ao Goberno galego en Meis, Rueda detallou que todas estas vivendas estarán o próximo ano “en diferentes graos de execución” e que serán impulsadas “directamente” pola administración autonómica.

En concreto, a Xunta sumará 1.000 novas vivendas ás 3.000 que xa se atopan en construción, co obxectivo de “facilitar o acceso a un fogar aos que o teñen complicado”, especialmente ás persoas menores de 36 anos. Para este colectivo, a Xunta reservará o 25 % das vivendas destinadas á venda e o 40 % das que se habiliten en réxime de alugueiro.

Rueda reivindicou que o seu Goberno está a cumprir os compromisos adquiridos e criticou o papel da oposición, á que acusou de basear a súa estratexia na confrontación. “Seguirémonos revelando fronte aos que só ofrecen como solución, como única alternativa para intentar chegar ao Goberno, confrontación, conflito e tensión”, afirmou.

O encontro celebrado esta fin de semana en Meis foi o segundo retiro organizado por Rueda, despois do realizado o ano pasado no municipio de Sober.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.