Unha obra ambientada nas Cíes faise co V Premio Fina Casalderrey

11 Novembro 2025

Este 11 de novembro o Pazo de San Roque en Santiago acolleu a entrega do V Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, un galardón que conta coa colaboración da Secretaría da Lingua e que “pretende incentivar a través dos álbums ilustrados a creación de imaxinarios dirixidos á cativada de maneira que no seu universo non existan desigualdades sexistas”. Así o fixo saber o secretario xeral Valentín García, quen felicitou á premiada deste ano, Ana Rebeca Fernández González (que asina como A.R. do Lobo) pola obra O segredo das Cíes, elixida polo xurado como merecedora deste recoñecemento que, ademais, conta cunha dotación de 2.500€. Na mesma liña, tamén agradeceu a Baía Edicións a organización destas distincións que “contribúen a contar coa publicación de obras de calidade en galego dirixidas a un público moi concreto como é o infantil”.

Neste senso, fixo fincapé “no gran poder que teñen os libros para construír a visión do mundo en idades temperás”, puntualizando que supoñen, ademais, “unha gran ferramenta para potenciar o coñecemento da nosa lingua entre os máis pequenos”.

Do mesmo xeito, quixo ter palabras para Fina Casalderrey, a autora que lle dá nome ao premio, e á súa traxectoria “polo seu compromiso continuo cos tres valores nos que se sustenta este galardón, a literatura infantil e xuvenil, a lingua, e os valores dei igualdade”.

Outros artigos

O PIE dos concellos do Sar-Ulla logra unha inserción laboral do 38%

Os alcaldes de Padrón, Dodro, Rois, Pontecesures, Catoira e Valga participaron este venres no acto de clausura do Programa Integrado de Emprego Dodro 2025-2026, no que un cento de persoas desempregadas dos ditos termos municipais recibiron durante nove meses...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.