Ribeira pon en marcha un Programa Educativo de Igualdade e Diversidade para os centros de ensino

04 Novembro 2025

Como antesala ao Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se conmemora cada 25 de novembro, o Centro de Información á Muller (CIM) de Ribeira pon en marcha un Programa Educativo de Igualdade e Diversidade, dirixido a alumnado de primaria e secundaria dos centros educativos do municipio que se desenvolverá ao longo de todo o curso escolar. O primeiro destino foi o Colexio Sagrado Corazón de Jesús, en Castiñeiras para, progresivamente, ir chegando ao resto de centros de ensino.

A este respecto, a concelleira de Igualdade, Ana Barreiro, explica que se trata “dunha acción municipal para fomentar a igualdade, o respecto á diversidade e a prevención das violencias de xénero dende as idades máis temperás. Esta iniciativa sinala o punto de partida de toda a programación que temos deseñada para este mes de novembro, se ben, traballar a prol dunha sociedade máis xusta, respectuosa, igualitaria e libre de violencias non se debe limitar a unha data específica; é algo no que, dende as administracións públicas e tódolos axentes da sociedade, debemos traballar os 365 días do ano para que a mensaxe e, en consecuencia, a maneira de proceder, teñan un impacto real e efectivo”.

Liñas de traballo

O Programa Educativo de Igualdade artéllase sobre dúas liñas principais de traballo: Aprender Igualdade Creando e Talleres de Saúde Afectivo-Sexual.
O primeiro bloque oriéntase a alumnado de 6o de primaria, apostando pola aprendizaxe a través da creatividade. Deste xeito, as nenas e nenos traballan a igualdade de xénero, a diversidade, o respecto e o bo trato a través de dinámicas participativas e proxectos artísticos, tales como contos, cómics, vídeos ou dramatizacións. Estas ferramentas posibilítanlles crear as súas propias historias con mirada igualitaria. O obxectivo radica en fomentar o pensamento crítico ante os estereotipos de xénero e promover a empatía, o respecto e a corresponsabilidade.

Doutra banda, os obradoiros están dirixidos aos cursos de 2o e 4o de secundaria e de Formación Profesional Básica para abordar a educación afectivo-sexual dende unha perspectiva de xénero. Preténdese abrir espazos seguros de diálogo onde a mocidade poida reflexionar sobre os afectos, os roles tradicionais e a importancia de construír relacións respectuosas, igualitarias e saudábeis.

O Concello engadiu que a metodoloxía a empregar é dinámica e participativa para que o alumnado poida expresar dúbidas e opinións nun ambiente de confianza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.