Comeza a conta atrás para a quinta edición do Nada e Corre

04 Novembro 2025

Comezou a conta atrás para a celebración da V edición da cita deportiva Nada e Corre do Concello de Muros. Será o sábado 15 de novembro a partir das 10.00 horas.

A inscrición está aberta na piscina municipal ou a través da web da Federación Galega de Tríatlon no apartado de competicións.

Muros é sede da proba clasificatoria da Zona 4 (Santiago de Compostela, Vedra, Noia, Muros e Outes)

A proba consistirá en nadar na piscina e correr nos seus arredores, e a clasificación será baseada na suma dos tempos de ambas disciplinas.

As categorías incluídas son as seguintes: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete

“Trátase dunha xornada de deporte infantil e xuvenil xa consolidada, coa que desde o Concello de Muros estamos encantados de colaborar”, explicou Damián Torea, concelleiro de Deportes, que agarda “uns 200 atletas e as súas familias”

Estamos ante unha importante cita deportiva organizada pola Federación Galega de Tríatlon e o Concello de Muros, coa colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte; Protección Civil de Muros; GES Muros; Policía Local de Muros; persoal de Deportes (técnicos, persoal da piscina…), e os clubs deportivos de Muros, que aportan voluntarios para que o desenvolvemento da proba sexa mellor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.