“O BNG demanda do Goberno a defensa da frota galega ante a proposta de recurte de cotas da UE para 2026”. Antón Luaces

04 Novembro 2025

A senadora nacionalista galega Carme da Silva advirte que Galicia “non pode seguir a asumir recurtes que poñan en risco a viabilidade da súa frota”. Por este feito reclama ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación unha posición firme nas negociacións da UE para garantir a sustentabilidade da frota pesqueira galega.  

Carme da Silva ven de rexistrar iniciativas para demandar ao Goberno español unha posición firme na defensa dos intereses da frota galega fronte á nova proposta da Comisión Europea sobre Totais Admisíbeis de  Captura (TAC) e cotas pesqueiras para o ano 2026. 

A senadora galega advirte que a proposta comunitaria “supón un novo golpe para a frota galega, que leva anos soportando recortes e limitacións que poñen en risco a súa continuidade”. Subliña a senadora nacionalista que “a actividade pesqueira galega é fundamental tanto desde o punto de vista económico como social e precisa dunha defensa decidida por parte do Estado español nas negociacións coa UE”.

A proposta mantén a conxelación da cota de pescada en augas ibéricas e prevé un recurtamento do 26% na cota de abadexo e do 28% na de linguado, especies estas de grande relevancia para as frotas galegas, ademáis dunha redución do 5% na cota de xurelo entre Fisterra e o Golfo de Cádiz. “Estas medidas son nidiamente prexudiciais para os barcos galegos e carecen de xustificación dabondo desde o punto de vista científico e económico”, sinala Carme da Silva.

Ante esta proposta o BNG reclama que o Ministerio  defina unha posición nidia e activa nas negociacións co obxectivo de evitar novos recurtes e garantir a viabilidade da frota galega.

A senadora galega aposta por unha defensa da revisión das propostas de redución de cotas que aporte informes científicos e socioeconómicos actualizados “que avalíen o impacto real das medidas na frota galega e negocie un incremento das cotas  para as especies máis afectadas  con medidas de compensación para as frotas que sufran reducións significativas”.

Insta asimesmo Carme da Silva ao Ministerio a establecer un diàlogo permanente co sector pesqueiro galego, incorporando as súas achegas ás posicións que se defendan ante as institucións comunitárias, de cara a dar pulo a unha revisión da Política Pesqueira Común e adaptala á realidade da pesca galega e garantir o futuro das comunidades mariñeiras.

Conclúe a senadora afirmando que “Galicia non pode seguir asumindo recurtes que ameazan a viabilidade do sector; é preciso un troco no rumbo que priorice a sustentabilidade económica, social e ambiental das nosas frotas”. 

Outros artigos

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.