Noia celebra a VIII Festa de Exaltación do Berberecho, unha homenaxe ao sabor e á tradición da ría

03 Novembro 2025

O Concello de Noia e a Confraría de Pescadores “San Bartolomeu” presentaron este luns 3 de novembro a VIII edición da Festa de Exaltación do Berberecho de Noia, unha cita que busca poñer en valor o produto estrela da ría: o berberecho local.

Na presentación participaron Adelo Freire, secretario da Confraría; Francisco Pérez, alcalde de Noia; e Manolo Seijas, tenente de alcalde.

O alcalde Francisco Pérez animou á veciñanza e visitantes a participar nesta celebración, destacando que “o berberecho é un símbolo de identidade e calidade, e este evento é unha magnífica oportunidade para reivindicalo”.

Pola súa banda, o tenente de alcalde Manolo Seijas subliñou “a importancia de manter vivas este tipo de iniciativas que contribúen a dinamizar a economía local, promovendo a hostalaría, o comercio e o turismo da vila”.

O secretario da Confraría, Adelo Freire, foi o encargado de presentar o programa desta oitava edición, que contará con actividades gastronómicas, culturais e solidarias arredor do berberecho.

O xoves 6 de novembro, o recoñecido cociñeiro Pepe Vieira, galardoado cunha estrela Michelin, visitará os bancos marisqueiros de Noia. Ese mesmo día, pola tarde, ofrecerá unha demostración gastronómica na Praza de Abastos, onde o berberecho será o gran protagonista (para asistir ao showcooking será necesario solicitar invitación previa a través de cofradia@cofradianoia.org).

Ás 19:00 horas dará comezo tamén o Vai de Tapas, un percorrido polos establecementos hostaleiros locais que ofrecerán creacións culinarias elaboradas con berberecho.

A festa culminará o domingo 9 de novembro coa gran degustación popular na Alameda, a partir das 13:00 horas, na que se servirán dúas racións de empanada (de millo e de trigo), arroz con berberecho e bebida. A degustación realizarase mediante un donativo solidario a beneficio de Cáritas e Cruz Vermella, entidades de fin social que colaboran co evento.

Con esta nova edición, Noia reafírmase como “referente gastronómico e marisqueiro de Galicia, promovendo un produto único que combina tradición, calidade e compromiso social”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.