Noia acolle este sábado 8 unha gran festa do Magosto con música, xogos e degustación de castañas

03 Novembro 2025

Noia vai celebrar o vindeiro 8 de novembro, sábado, unha gran festa do Magosto. Será a partir das 18.00 horas na praza do Curro e a celebración tradicional gastronómico-musical incluirá degustación de castañas asadas, actuacións musicais e xogos tradicionais. “Será unha tarde para compartir, rir e celebrar o outono como se merece”, sinalaron dende a organización: o Concello de Noia en estreita colaboración coas familias das asociacións de nais e pais dos “Avilés de Taramancos” e “Despertar” da Barquiña.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión