Os servizos de emerxencias sufocan un incendio nun tren na estación de Santiago

25 Outubro 2025

Os servizos de emerxencias interviñeron na noite de onte para sufocar un incendio rexistrado nun tren baleiro estacionado na estación de Santiago de Compostela. Unha persoa resultou ferida con queimaduras nas mans e tivo que ser trasladada ao hospital.

O 112 Galicia recibiu o aviso pouco antes das 22:30 horas, cando un alertador informou da presenza de lume na parte inferior dun tren sen pasaxeiros. De inmediato, o centro de coordinación mobilizou os GES de Brión e de Padrón, así como efectivos da Policía Nacional e da Policía Local.

Posteriormente, ante a confirmación da persoa ferida, solicitouse tamén a intervención do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que realizou o traslado hospitalario.

Segundo informaron os equipos de emerxencia tras a súa intervención, o lume afectou á parte inferior do convoi, mentres que o interior e o chan do tren sufriron danos polo fume. O incendio foi extinguido con éxito e non houbo que lamentar máis persoas afectadas nin danos estruturais de maior gravidade. As causas do lume están a ser investigadas.

GES Padrón

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.