Noia Histórica sortea 300 euros na súa nova campaña: Estrea Outono

24 Outubro 2025

A asociación empresarial Noia Historica quixo dar a benvida ao outono, que se atrasou este ano unhas cantas semanas, “con moita ilusión e cunha manchea de premios”. Faino coa campaña Estrea Outono en Noia, que inclúe un sorteo de 300 € para gastar nas tendas locais, que se realizará este luns 27 de outubro.

Suporá, en palabras da patronal noiesa, “unha oportunidade perfecta para empregar o bono MercaNaVila da Deputación da Coruña e apoiar o comercio de proximidade”.

Ademais, o venres 24 de outubro, a partir das 17:30 h, a praza do Curro encherase de diversión con inchables e chocolatada para a rapazada.

Sorteo: 27 de outubro
Máis info e bases: na web de Noia Histórica.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.