A Deputación presenta o programa MercaNaVila aos comerciantes de Muros

15 Outubro 2025

A deputada de Emprego, Industria e Medio Ambiente, Rosa Ana García, fixo este mércores 15 de outubro un recorrido polas rúas de Muros instando aos comercios a participar en Mercanavila na nova iniciativa da Deputación da Coruña en colaboración coa Federación Galega de Comercio. Durante a súa estadía na vila muradá, na que estivo acompañada pola tenente de alcaldesa e edil de Facenda, Caridad González; e polos concelleiros de Promoción Económica, Laura Rivadeniera; Igualdade, Maruxa Martínez e Deportes e Mocidade, Damián Torea, a deputada de Emprego resolveu todas as dúbidas sobre o proceso de adhesión dos establecementos interesados, que teñen como prazo ata o 20 de outubro ás 9:00 horas para participar.

Segundo lembrou, MercaNaVila “é un dos maiores programas de impulso ao consumo de proximidade activado en Galicia nos últimos anos”.

Trátase, dixo, dunha iniciativa dotada con 6 millóns de euros e ten como principal obxectivo “apoiar ao comercio local nos concellos de menos de 20.000 habitantes así como dinamizar as compras de proximidade”.

“MercaNaVila no só é unha ferramenta coa que se incentivarán as vendas, tamén é un piar para impulsar o comercio dos pequenos municipios”, afirmou a deputada, resaltando a importancia destes establecementos “porque representan un piar fundamental xa que actúan como motor económico e como xerador de emprego das nosas vilas”.

MercaNavila conta xa con máis de 700 comercios adheridos, 13 deles no municipio de Muros.

A cidadanía poderá descargarse os bonos de 100 euros en descontos directos (entre 5 e 15 euros en función do importe de cada compra), a través da páxina web www.mercanavila.gal a partir do 20 de outubro e ata o 20 de novembro ou ata que se esgote o orzamento dispoñible.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.