O Consistorio da Pobra acolle o acto institucional do proxecto DIBEST de innovación dixital para empresas azuis e de turismo social

08 Outubro 2025

O Consistorio da Pobra acolleu este mércores 8 de outubro o acto institucional do quinto evento transnacional do proxecto DIBEST (Innovación dixital para empresas azuis e turismo social) financiado con fondos europeos do programa Interreg Espazo Atlántico, que se está celebrando na vila do Caramiñal dende o pasado día 7 de outubro. Na cita participaron o vicepresidente provincial, Xosé Regueira, os alcaldes da Pobra, Rianxo e Boiro, José Carlos Vidal, Julián Bustelo e José Ramón Romero, a xerente da Mancomunidade Barbanza Arousa, Fátima Cachafeiro, e o director do Museo Valle-Inclán, Antonio González Millán, entre outras personalidades.

Regueira deulle as grazas a AGAN+ “por convidarnos a participar nun proxecto de transferencia de experiencias con Irlanda, Portugal, Francia e Málaga, que ten tamén como finalidade a consecución de territorios máis sostíbeis e con menor pegada de carbono, así como a dixitalización de recursos”.

O vicepresidente fixo referencia aos diferentes proxectos da Deputación, todos eles coa premisa da sustentabilidade social, económica e medioambiental, e mencionou a campaña A Paisaxe que sabe, coa que “unimos gastronomía e paisaxe como o principal elemento do noso escaparate turístico, e que nos permite dar visibilidade á poboación residente, que é a que nos axuda a manter a poboación no rural, e que está producindo alimentos de moi alta calidade que logo pasan á cadea de valor agroalimentaria e á restauración, e se converten nun dos principais atractivos turísticos”.

Máis de 25 persoas representantes de 12 entidades públicas e privadas procedentes de 4 países (Irlanda, Francia, Portugal e España) participaron nas sesións de traballo do proxecto DIBEST que se desenvolveron na Casa Entre os Ríos da Pobra do Caramiñal, participante no proxecto desde comezos de 2025, que se complementaron con outras actividades como visitas guiadas.

Outros artigos

Domingo 1, tempo seco con sol despexado en Santiago e nas Rías Baixas

Este primeiro de novmebro, Todolos Santos, Galicia continuará baixo o dominio do anticiclón situado sobre as Illas Británicas, o que asegurará unha xornada de estabilidade xeneralizada en boa parte do territorio. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

“Matemos la soledad” – Manuel Domínguez

Matemos la soledad, el abandono. Somos conocidos o amigos de antaño. Hoy vivimos en soledad, y a veces en el abandono. ¿Tu casa o en la mía? Ambos o ambas tenemos casa, nos valemos por nosotros mismos, así pues juntémonos, y vivamos juntos compartamos la vida. Tu casa...

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

“Adiviña Número Tres” – Tonio Nóvoa

. Adiviña, adiviñador. . . Aparece á súa hora, sempre aparece:. sorriso medido,. lavado, nin unha enruga,. perfumado de brillos. e ventos de marca. . . Chucha a atención. . . Mírate aos ollos.. Pinta porvires sen sombras,. sen cansazo. . . Fai canto che di. . . Verán...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.