Outes vai achegar á veciñanza formación básica en competencias dixitais

05 Outubro 2025

O Concello de Outes vai acoller esta tempada sesións formativas de competencias dixitais ao servizo da cidadanía: unha formación de balde para as persoas demandantes de emprego en Emprego Galicia. Esta actividade brindará ás persoas participantes un computador de agasallo ao remate das sesións de capacitación tecnolóxica.

Os requisitos de participación son: ter 16 anos ou máis e estar rexistrado/a como demandante de emprego ou en mellora de emprego no SEPE.

Comezarase cun curso de nivel básico, que é o que ten datas confirmadas, e que está previsto que se desenvolva entre o 9 de outubro e o 17 de decembro, en horario de mañá: de 9.00 a 14.00 horas.
As persoas interesadas en participar poden acudir á xornada informativa prevista para este luns 6 de outubro ás 11.30 horas na Casa da Cultura de Outes.

O curso celebrarase na Casa da Cultura.

Cada persoa participante obterá un título oficial acreditativo e como dixemos, recibirá unha vez rematada a formación un computador portátil de agasallo.

Organizan ARA Formación, o Concello de Outes e BeProject Consultores, co apoio da Xunta.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.