A 2ª edición da Milla da Hispanidade percorrerá Ribeira o día 12 de outubro

02 Outubro 2025

Este 2 de outubro celebrouse en Ribeira a presentación da II Milla Día de la Hispanidad, que se celebrará o propio día festivo, 12 de outubro. Estiveron presentes o tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta, o concelleiro de Sanidade, Juan Luis Furones, e o responsábel da Escola de Boxeo El Canario, Israel Benítez. Furones insistiu da importancia do binomio deporte-saúde e anunciou que nesta edición como novidade, “a proba estará homologada pola Federación Galega de Atletismo”. Ademais destacou o cambio de horario: celebrarase mañá e dará comezo a partir das 11 horas ao longo dun circuíto pola avenida do Malecón.

O percorrido será totalmente chairo nun circuíto de ida e volta de iguais dimensións sobre o que se irán cubrindo as distancias de cada unha das categorías. Haberá modalidades tanto masculinas como femininas.

Benítez falou da importancia da homologación por parte da Federación, “para que nun futuro poidamos traer o Campionato Galego que é un dos nosos obxectivos como club”. As inscricións faranse de xeito telemático na web de Carreiras Galegas. Inclúese a categoría solidaria Zapatilla Inclusiva. Para rematar Benítez agradeceu ao Concello de Ribeira xunto a tódolos patrocinadores pola implicación “en tódolos eventos deportivos que organizamos”.

Pechou a rolda Suárez-Puerta animando á veciñanza a participar na proba e sinalou que “dende o Concello de Ribeira entendemos que o deporte e a saúde deben ir da man”. Finalizou agradecendo o traballo e o bo facer do GAEM e da Policía Local neste tipo de eventos, asemade da escola de boxeo “polo grande labor que desenvolve polo deporte en Ribeira”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.