O PSOE de Ribeira di que a moción de censura “é unha manobra de reparto de poder entre bastidores”

30 Setembro 2025

O PSdeG-PSOE de Ribeira emitiu un comunicado no que expresa “o seu firme rexeitamento á moción de censura anunciada polo Partido Popular e o PBBI, unha manobra de reparto de poder entre bastidores que non responde ao interese xeral da cidadanía, senón a cálculos partidistas”. 

Francisco Suárez-Puerta, voceiro dos socialistas de Ribeira, nunha imaxe de arquivo

Engaden que “desde o PSOE consideramos que Ribeira merece un novo goberno, pero non un que naza do xogo de intereses particulares e políticos nos despachos, senón un proxecto político sólido, transparente e centrado nas persoas, que sitúe os intereses da veciñanza por riba das ambicións particulares dos de sempre”. Ao seu xuízo, “a moción promovida polo PP demostra que non teñen un proxecto para Ribeira, senón unha urxencia por recuperar o poder sen pasar polas urnas. Mentres eles pactan no escuro, nós estamos na rúa, escoitando, propoñendo e traballando día a día por un futuro mellor para o noso concello”, engaden. 

Por todo isto, a formación anuncia “o inicio dunha nova etapa política en Ribeira, cunha ofensiva social e política para lograr a alcaldía nas municipais de 2027 aberta a toda a cidadanía, construíndo unha alternativa real de goberno que devolva a dignidade, a igualdade de oportunidades e o progreso ao Concello”. 

“O noso obxectivo é claro, construír o mellor proxecto político para que Ribeira teña unha alcaldía socialista”, sinalan, apostando por “un goberno digno, liderado por persoas comprometidas, con ideas novas, e cunha folla de ruta clara para deixar atrás a parálise e aproveitar todo o potencial do noso municipio, para dar a Ribeira o pulo que necesita”, apuntan. 

“Nese camiño, os e as socialistas tendemos a man a todas as forzas progresistas e á sociedade que comparte con nós a idea dun futuro mellor para Ribeira”, conclúen dende a agrupación socialista. 

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.