O Concello da Pobra e a Xunta volverán reunir esforzos para celebrar as XVII Xornadas Homenaxe a Valle-Inclán

30 Setembro 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal e a Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Cultura, volverán xuntar esforzos para enxalzar unha das figuras máis importantes da literatura galega: a de Ramón María del Valle-Inclán.

Ambas institucións colaborarán para celebrar unha nova edición das xornadas en homenaxe a este autor. O alcalde, José Carlos Vidal, a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, e o director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, formalizaron hai uns días o convenio para realizar a que será a vixésimo sétima edición. No encontro estivo tamén presente o director do Museo Valle-Inclán da Pobra, Antonio González Millán.

Como noutras ocasións, o programa das Xornadas Homenaxe a Valle-Inclán desenvolverase en outubro, e incluirá un amplo número de propostas de todos os xéneros e dirixidas a veciños e veciñas de distintas franxas de idade. O obxectivo desta proposta non é outro que afondar e pór en valor a figura deste autor.

A concelleira de Cultura incide na importancia desta actividade, “que ten unha gran tradición e que, tras 27 anos, está xa consolidada dentro da programación anual da Pobra”. Lojo anima á cidadanía a sumarse para coñecer máis “sobre a historia de Valle-Inclán que é, en definitiva, parte da nosa historia como municipio”.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.