Talía Teatro recala en Portosín este domingo no marco

30 Setembro 2025

Esta fin de semana proseguen as actividades do II Ciclo Cultural Infantil Itinerante de Porto do Son.

Farao con Voa, voa, unha cita especialmente dirixida á rapazada pero para desfrutar en familia, para divulgar e relembrar a arte de xogar coas palabras.

O espectáculo representarase este domingo 5 de outubro, na Casa da Cultura de Portosín, a partir das 18.00 horas.

Virá da man dun dos grandes referentes das nosas artes escénicas: Talía Teatro. Dirixe e escribe Artur Trillo e cóntase cun elenco formado por María Ordóñez e Toño Casais.

Organiza o Concello do Son (Concellaría de Cultura) coa colaboración coa Deputación da Coruña.

A continuación damos conta das restantes citas do ciclo:

Programación completa

28 DE SETEMBRO
A Casa da Cultura de Ribasieira acollerá a obra ‘Calavera Circus’, da compañía Calavera Circus. A función dará comezo a partir das 17:00 horas.

5 DE OUTUBRO
A Casa da Cultura de Portosín acollerá a obra ‘Voa Voa’, da compañía Talía Teatro. A función dará comezo a partir 18:00 h.

12 DE OUTUBRO
A Casa da Cultura de Miñortos acollerá a obra ‘Contacontos musical’, de Os Rizos de Lía. A función dará comezo a partir das 18:00 h.

19 DE OUTUBRO
A Casa da Cultura de Queiruga acollerá a obra ‘Alquimia’, do Mago TEto. A función dará comezo a partir 18:00 h.

26 DE OUTUBRO
A Casa da Cultura de San Pedro de Muro acollerá a obra ‘Son Animal’, de Paco Nogueiras. A función dará comezo a partir 18:00 h.

2 DE NOVEMBRO
A Casa da Cultura de Nebra acollerá a obra ‘A Landra Viaxeira e o Amigo Labón’, de Os Jalochos. A función dará comezo a partir 18:00 h.

9 DE NOVEMBRO
A Casa da Cultura de Caamaño acollerá a obra ‘A Maxia dos Libros’, de Nami e o Mago da Boina. A función dará comezo a partir 18:00 h.

16 DE NOVEMBRO
A Casa da Cultura de Baroña acollerá a obra ‘Máis Música’, de Xabi Longueirón. A función dará comezo a partir 18:00 h.

23 DE NOVEMBRO
A Casa da Cultura de Xuño acollerá a obra ‘Canta Música’, de Pablo Díaz e Olga Kirk. A función dará comezo a partir 18:00 h.

30 DE NOVEMBRO
A Casa da Cultura de Porto do Son acollerá a obra ‘O Mundo Máxico de Pinocho’, de Educateatro Producións. A función dará comezo a partir 18:00 h.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.